[20/11/2008] A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, acompañada por representantes de MUDEGA, asistirá mañá venres ao acto de inauguración do III Congreso Internacional da Associaçao Portuguesa Mulheres e Desporto que terá lugar en Lisboa.
[20/11/2008] A cidade de Ourense (servizo de Deportes de Ourense, Avda. Da Habana 79, 4º) acollerá hoxe a primeira das mesas redondas sobre o impacto da futura lei das profesións do deporte en Galicia que organiza a Dirección Xeral para o Deporte e a Fundacion Deporte Galego, en colaboración co COLEF-Galicia. O horario é de 19:00 a 22:00 horas.
[17/11/2008] Publícase a listaxe provisional de admitidos e excluídos para a contratación temporal pola Fundación Deporte Galego (FDG) do persoal asignado ao proxecto de cooperación "Análise da realidade deportiva galega, diagnose e intervención 2008-09".

[17/11/2008] O Xacobeo Galicia ficha aos ciclistas Pedro Fernández Hermida e Héctor Espasandín Rama, procedentes do ciclismo portugués e do campo amateur, respectivamente. Con estas dúas novas incorporacións o equipo profesional galego dá por pechado un cadro de dezaoito corredores, que, no entanto, podería ser ampliada en dúas unidades máis no caso de recibir unha invitación para disputar o Giro ou o Tour, ademais da Volta a España.

[17/11/2008] Galicia volveu amosar este fin de semana que é un referente no taekwondo estatal e tamén no internacional. A Selección Galega de Exhibición gañou o Campionato de España de Exhibición Infantil, e ocupou o segundo posto co equipo "B" no torneo que tvo lugar en Alicante.

[17/11/2008] Sete xogadores do Club Bádminton As Neves participaron este fin de semana na IV proba do circuíto estatal de bádminton Sub15 e Sub17 que tivo lugar en Palencia.
Competición deportiva en idade escolar 2008-09 Programa realizado en colaboración coas federacións deportivas galegas implicadas nesta actividade.
Deporte na Escola 2008-09 Terceiro ano do programa integrador de deporte e educación ás idades máis temperás.
Deportistas Galegos de Alto Nivel O 5 de novembro publicouse a última lista de Deportistas Galegos de Alto Nivel. Consúltaa aquí (DGAN).
Deporte e Muller Unha das liñas prioritarias de actuación da Dirección Xeral para o Deporte é a promoción do deporte feminino.